miércoles, 27 de marzo de 2013

A derradeira lección

Para ser profesora hoxe


Hoxe imos aprender a cociñar unha profesora. Para obter un plato que cumpra as expectativas dos alumnos e do sistema educativo precisamos:
      -     1 quilogramo de ilusión.
-         500 gramos de bo humor.
-         Por suposto, quilos e quilos de educación.
-         250 gramos de compromiso e responsabilidade.
-         Un bol.
-         Unha clase para reunir e presentar os ingredientes.

Modo de preparación:
-         Collemos a profesora, botámola no bol e engadímoslle a ilusión e o bo humor. Remexemos ata que se mesturen ben e cando se comece a ver que a mestura colle unha cor amable, engadímoslle a educación, o compromiso e a responsabilidade.
-         Cando a nova mestura colla unha consistencia sólida e íntegra, engadimos as dúas culleradas de autoridade antes de presentalo aos alumnos, para que miren á receita co suficiente respecto.
-         Metemos toda a mestura na clase e presentamos.






Fontes: elpais.com, elmundo.es, umoyavalladolid.blogspot.com.